Variaciones

Antoni Ros Marbà, director

María Bayo, soprano

Verso. Classic World Sound, 2013. Referencia: VRS 2145. Código de barras: 8436009801454


Variaciones é unha homenaxe ao compositor Antón García Abril e recolle tres obras do músico aragonés. Variaciones concertantes compúxoa para a Real Filharmonía de Galicia e está dedicada ao mestre Ros Marbà; nela emprega unha estrutura traidicional, pero dunha maneira moi orixinal e creativa. O Salmo de Alegría para el siglo XXI naceu en 1988 para dar cima ás clases maxistrales impartidas por Montserrat Caballé no Auditorio Nacional de Madrid; é un canto á esperanza, á unidade e ao amor entre os homes. O disco complétase con Alba de soledades, que parte dunha composición trazada en 2005 para violín e guitarra, pero que García Abril considerou que levaba dentro un contido que era factible de exprimir a través da orquestra.