Un bico de amor e vida (Musiconto)

Maximino Zumalave, director

Editorial Galaxia, 2009. ISBN 978-84-9865-141-6

 

Literatura e música danse a man neste proxecto promovido pola Real Filharmonía de Galicia e a Editorial Galaxia. Contos e música para ensinar valores aos máis pequenos. Ilustracións de Enjamio. Contén a música de "Mares nocturnos" de Manuel Balboa. A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave pon música a este musiconto adaptado por Neira do famoso conto da Sirenita de Hams Christiam Andersen.