José Arriola. Orchestral Music

Maximino Zumalave, director

Joaquín Soriano, piano

Víctor & Luis del Valle, dúo de piano

Carmen Durán, soprano

Ainhoa Zubillaga, mezzosoprano

Javier Franco, barítono

Francisco Santiago, tenor

David Fernández Alonso, trompa


Brilliant Classics, 2018. Referencia: 95797. Código de barras: 5028421957975

 

José Arriola. Orchestral Music é unha homenaxe ao compositor galego José Arriola (1895-1954), o máis universal do seu tempo e un dos máis relevantes dentro do panorama nacional. Este dobre CD reúne obras inéditas do denominado “Mozart galego”, discípulo de Richard Strauss en Leipzig. O primeiro CD inclúe as obras Concertino para piano e orquestra e Divertimento concertante para dous pianos e orquestra. E o segundo recolle tres das Seis poesías de Antonio Machado: La aurora asomaba (El cadalso), La primavera besaba e Epílogo (Antonio Machado. Su destino); Tres textos cervantinos e Concerto para trompa e orquestra. Este traballo discográfico é o resultado dun proxecto de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Real Filharmonía de Galicia.