Concertos de guitarra

Óliver Díaz, director

Miguel Trápaga, guitarra

Naxos, 2016

 

A RFG gravou en 2015 tres obras para un traballo conxunto co guitarrista Miguel Trápaga e o director de orquestra Óliver Díaz. O repertorio inclúe o popular “Concierto de Aranjuez” de Joaquín Rodrigo (1901-1999), o “Concierto de Benicássim” do compositor cubano Leo Brouwer (1939) e a obra “Guitare” do suízo Frank Martin (1890-1974). A edición presentouse o 25 de maio de 2016 na sede madrileña da Sociedade Xeral de Autores e Editores.