Cantos y Revueltas

Manuel Hernández-Silva, director

Pacho Flores, trompeta

Leo Rondón, cuatro venezolano

 

Deutsche Grammophon, 2019. Código de barras: 0028948184934

 

Este dobre CD-DVD céntrase na obra de Pacho Flores Cantos y Revueltas, que se estreou en Santiago de Compostela coa Real Filharmonía de Galicia en xaneiro de 2018. É unha peza inspirada en cantos e bailes populares venezolanos, con toques de jazz e salsa. Ademais, o disco inclúe outras obras de compositores moi recoñecidos: Concerto para corno da caccia de Johann Baptist Georg Neruda, a Aria da Bachiana brasileira nº 5 de Heitor Villa-Lobos; El diablo suelto de Heraclio Fernández e Invierno porteño de Astor Piazolla. 

 

No DVD recóllese o vídeo do concerto de gravación e diversos extras con entrevistas, onde se relata a xénese da obra de Pacho Flores e o curioso proceso que levou á súa estrea en Santiago, xunto á súa materialización discográfica.