Os concertos didácticos da Real Filharmonía de Galicia diríxense a todos os centros de ensino de Galicia.
PROCEDEMENTO DE RESESERVA EN LIÑA
-Pódense descargar os formularios de solicitude no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico
-Unha vez cuberto deberá envíalo a info@auditoriodegalicia.org
-Na web da RFG poderá obter información das distintas actividades, así como descargar as guías didácticas de cada evento.
DATA DE ENVÍO DAS SOLICITUDES
-A partir do venres 10 de decembro ás 8:30 h poderán enviar o formulario.
-Aquelas solicitudes que non se axusten ao día e hora sinalados serán desestimadas.
ANTES DE CUBRIR A SOLICITUDE DEBE TER EN CONTA QUE
-Cada centro poderá reservar un máximo de 60 prazas por actuación (incluídos profesores e outros acompañantes), indicando orde de preferencia no formulario.
-Deberán respectar as recomendacións das idades asignadas a cada concerto, así como axustar o número de asistentes ao máximo posible para evitar posteriores anulacións.
ADXUDICACIÓN E PUBLICACIÓN
-A adxudicación realizarase seguindo a orde de recepción dos formularios ata completar todas as prazas de cada evento.
-Co obxecto de que participen nas nosas actividades o maior número de centros de ensino, distribuiremos as solicitudes de xeito equitativo, intentando dar resposta á demanda dos mesmos.
-Na páxina web https://www.compostelacultura.gal/programa-didactico sairá publicado a partir do 17 de decembro o listado co nome dos centros admitidos. Aqueles centros que non figuren nesta relación pasarán a unha lista de agarda.
Na temporada 2021-2022 están previstos dous proxectos didácticos: “Das tebras á luz” e “O grande Beethoven”.