Baixo o título Natureza, Vida e Amor, o programa xirará en torno ao lema que serviu de fío condutor a esta temporada da Real Filharmonía de Galicia, Emocións Naturais. Soarán o tres aberturas que compoñen a triloxía Natureza, Vida e Amor do compositor Antonín Dvoràk (1841-1904): Otelo (Amor), No reino da Natureza (Natureza) e Carnaval (Vida).
Estrea mundial con Pacho Flores
Durante o concerto ofrecerase a estrea mundial de Cabalos máxicos para trompeta e orquestra, unha obra composta por Christian Lindberg (1958) para o trompetista venezolano Pacho Flores, que será o encargado de interpretala xunto á RFG. A peza é froito dun encargo conxunto da Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Bilkent (Turquía) e a Orquestra de Cámara Sueca.
Artista da Casa Stomvi, toca instrumentos fabricados exclusivamente para el e participa activamente nos seus desenvolvementos e innovacións. Na actualidade é artista exclusivo de Deutsche Grammophon, con quen xa produciu varios discos, entre eles Cantos y Revueltas, coa Real Filharmonía de Galicia, o mestre Manuel Hernández-Silva e o cuatrista venezolano Leo Rondón no ano 2019.