Paul Daniel lévanos de viaxe a Hamburgo

Dúas grandes sinfonías da historia da música, nun mesmo programa dirixido por Paul Daniel: a “Sinfonía en Do” (das Sinfonías de Hamburgo) de Carl Philipp Emanuel Bach e a “Sinfonía nº 2” de Johannes Brahms. Paul Daniel, director P. E. Bach: Sinfonía en Do M, H 659 (W. 182/3) das Sinfonías de Hamburgo J. Brahms: […]

Manuel Hernández-Silva e o violinista Robert Lakatos

O programa comezará coa Abertura “Unha vida polo Zar” de Mijaíl Glinka. A continuación soará o Concerto para violín núm. 1 de Henryk Wieniawski, que interpretará o violinista Robert Lakatos. Ambos os concertos concluirán cunha obra pouco habitual nas programacións orquestrais, a Sinfonía núm. 1 de Vasili Kalinnikov. O violinista serbio Robert Lakatos comezou os […]

Obras de Mozart, Martinu e Dvorák con Roberto Forés-Veses

Conversando co mestre Roberto Forés-Veses Antes da celebración do concerto, o público terá a oportunidade de manter unha charla co mestre Roberto Forés-Veses. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “Convers@ndo con”, que promove a RFG antes de cada concerto, coa finalidade de […]

“Sinfonía núm. 7” de Mahler orquestrada por Joam Trillo

O programa leva por título Viaxe interior, en liña co fío condutor desta temporada da Real Filharmonía de Galicia, “Viaxes”. O público asistente terá a oportunidade de escoitar a Sinfonía núm. 7 de Gustav Mahler (1860-1911). Esta obra monumental é a súa sinfonía máis moderna, na que o compositor une ideas aparentemente contraditorias, en especial […]

Didácticos “O grande Beethoven”

Trátase dun proxecto realizado en colaboración co Serviço Educativo da Casa da Música de Porto con motivo do 250º aniversario do nacemento de Beethoven. A batuta levaraa o director portugués Jan Wierzba e contarase tamén no escenario coa intervención dos actores e músicos Sofia Nereida e António Miguel Teixeira. Os concertos concluirán coa “Oda á […]

A soprano Francesca Aspromonte canta “Laudate Pueri Dominum” de Vivaldi

O programa, que leva por título Postal desde Venecia, propón un percorrido musical por Italia, comezando co Concerto “Per Parigi” de Antonio Vivaldi. Do mesmo autor soará Laudate Pueri Dominum, que será interpretada pola soprano Franscesca Aspromonte. A continuación os músicos achegarán ao público a Sonata para cordas nº 1 de Gioachino Rossini. O broche […]

Lars Vogt interpreta a Beethoven ao piano

Este concerto, que no caso de Santiago se ofrece no marco do Ciclo de Piano Ángel Brage, leva por título Arredor do piano. É unha homenaxe a Beethoven, coa interpretación de dúas das súas grandes obras: a Sinfonía núm. 8 e o Concerto para piano núm. 5, coñecido como “Emperador”, que tocará o propio Lars […]

Didácticos e familiar “Das tebras á luz”

O concerto repetirase o sábado 29, ás 18:30 horas para o público familiar; terá un prezo de 3 € e as entradas xa poden adquirirse a través da web www.compostelacultura.gal. Baixo o título “Das tebras á luz”, este primeiro proxecto didáctico estará dirixido polo mestre galego Pablo Devigo. Reúne pezas musicais vencelladas ás grandes forzas […]