A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un concerto na Igrexa de San Martiño Pinario o 27 de maio

Será ás 20.30h e os convites, que serán de balde, poderán solicitarse en liña ou na Zona C

Interpretarase a obra Ilusións (Maya) de Octavio Vázquez e a Sinfonía nº 41 de Mozart baixo a batuta do mestre Paul Daniel

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un novo concerto o vindeiro venres 27 de maio ás 20.30h na Igrexa de San Martiño Pinario no que interpretará o primeiro movemento recén estreado da obra Ilusións (Maya) que compuxo o compositor galego Octavio Vázquez. Esta obra foi composta por encargo da Real Filharmonía.

Neste concerto tamén soará Sinfonía nº 41 en Do M, KV.551 “Xúpiter” de Wolfgang Amadeus Mozart. Estará dirixido polo director titular da orquestra, Paul Daniel.

A entrada ao concerto será de balde con convite, que poderán ser retirados en liña desde este venres 20 ás 11h na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do punto de información cultural da Zona C, en horario de martes a sábado, de 11h a 14h e de 16h a 19h ou domingos de 11h a 14h.