A Real Filharmonía de Galicia oferta unha praza de licenciado/a superior en música para a oficina técnica da orquestra dun ano de duración

Esta oferta está dentro das sete prazas de distintos perfís que oferta o Consorcio de Santiago

O Consorcio de Santiago vén de publicar no portal de emprego do Goberno de España, Empléate, sete ofertas de emprego dentro do “Programa de primera experiencia profesional en las administraciones públicas”, de contratación de persoas novas desempregadas.

Entre esas ofertas de emprego atópase unha dun Licenciado/a superior en música para a oficina da Real Filharmonía de Galicia por duración dun ano. Para optar á praza, é preciso que sexan persoas mozas desempregadas menores de 30 anos que completaran a súa etapa formativa e acrediten os coñecementos precisos.

Estas ofertas fanse grazas ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Servizo de Emprego Público Español (SEPE) e financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.

A presentación de solicitudes remata o día 2 de setembro. Toda a información está dispoñible no portal Empléate.