A Real Filharmonía de Galicia estrea en España a obra Earth Cry do compositor Peter Sculthorpe

O mestre Paul Daniel dirixirá os concertos en Santiago de Compostela e Pontevedra en substitución da directora Jessica Cotis, baixa por motivos médicos

Tamén se interpretará a Sinfonía nº2 do compositor finlandés Jean Sibelius

A Real Filharmonía de Galicia celebra este xoves 5 e venres 6 de maio no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela e no Centro Cultural Afundación de Pontevedra un novo concerto da súa temporada ‘Viaxes’ que levará por título ‘Do Sur ao Norte’. O concerto será dirixido polo mestre Paul Daniel en substitución da directora Jessica Cotis que será baixa por motivos médicos.

Neste concerto producirase a estrea en España da obra Earth Cry do compositor tasmano Peter Sculthorpe. A Real Filharmonía tamén interpretará a Sinfonía nº2 do finlandés Jean Sibelius.

Estrea en España
Earth cry (O berro da Terra) (1986) e? unha obra sinxela e melodiosa. As su?as catro partes constan dunha mu?sica ritual ra?pida enmarcada por unha mu?sica ma?is lenta de cara?cter suplicante, e unha coda prolongada. Ten relacio?n cunha peza de poesi?a aborixe, The Song of Tailitnama, e ai?nda que a obra se inscribe na linguaxe persoal, o tratamento da orquestra representa un novo punto de partida. Isto no?tase especialmente na forma en que se duplican os instrumentos. Os violi?ns primeiros e segundos, por exemplo, cantan ao uni?sono durante a maior parte da obra, e as cordas baixas cantan a miu?do cos metais graves. Esta será a primeira vez que se poida escoitar esta obra en España.

Entradas á venda
As entradas para o recital deste xoves no Auditorio de Galicia atópanse á venda na web compostelacultura.gal a un prezo de 15€ mentres que para o concerto do venres están á venda na web ataquilla.com desde 13€.