A directora Delyana Lazarova debuta coa RFG

A directora búlgara Delyana Lazarova debutará á fronte da Real Filharmonía de Galicia o 21 de outubro, ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. As entradas xa están dispoñibles na web www.compostelacultura.gal e o concerto poderá seguirse tamén en directo por streaming a través da canle de Youtube da RFG. O día 22 a orquestra actuará no Teatro Principal de Ourense, ás 20:00 horas, no marco da colaboración que mantén coa Deputación de Ourense.

 

Schubertiadas é o título do programa, que arrincará coa Abertura de Cossí fan tutte de Mozart (1756-1791). A continuación terá lugar a estrea en España da obra Fantasía homenaxe a Schubert da compositora búlgara Dobrinka Tabakova (1980).

A clarinetista principal da Real Filharmonía de Galicia, Beatriz López, interpretará o Concerto para clarinete nº 2 de Carl Maria von Weber (1786-1826). A velada concluirá coa Sinfonía nº 5 de Franz Schubert (1791-1828).