Real Filharmonía de Galicia
Manuel Hernández-Silva, director
Pacho Flores, trompeta
Leo Rondón, cuatro venezolano

Cantos y Revueltas

Este dobre CD-DVD céntrase na obra de Pacho Flores Cantos y Revueltas, que se estreou en Santiago de Compostela coa Real Filharmonía de Galicia en xaneiro de 2018. É unha peza inspirada en cantos e bailes populares venezolanos, con toques de jazz e salsa. Ademais, o disco inclúe obras doutros recoñecidos compositores: Concerto para corno da caccia de Johann Baptist Georg Neruda; Aria da Bachiana brasileira nº 5 de Heitor Villa-Lobos; El diablo suelto de Heraclio Fernández e Invierno porteño de Astor Piazzolla.

No DVD recóllese o vídeo do concerto da gravación e diversos extras e entrevistas a los artistas involucrados, a través dos que se conta a xénese deste proxecto discográfico de Pacho Flores.

__

Deutsche Grammophon, 2019