Fecha: 25-06-2022

MERCAR ENTRADA

Festival Internacional de Música de Espinho

A Real Filharmonía de Galicia presenta no Festival Internacional de Música de Espinho baixo a batuta de Joana Carneiro dúas obras esenciais do repertorio orquestral. O Concerto para Violín núm. 2 foi escrito por Sergei Prokofiev, nado na Ucraína durante o período imperial ruso. Escrito entre Francia, Rusia e Azerbaixán, estreouse en Madrid. Nel, a expresividade clásica e o virtuosismo romántico son reconstruídos a través do prisma do modernismo. A violinista rusa Alena Baeva regresa ao Festival Internacional de Música de Espinho para momentos de grande emoción. A Sinfonía núm. 7 de Beethoven completa o programa, nunha obra de concepción maxistral que, rapidamente, tornou en patrimonio sonoro para varias xeracións de oíntes.

Joana Carneiro, directora
Alena Baeva, violín

S. Prokofiev: Concerto para Violín e Orquestra, núm. 2, op. 63
L. V. Beethoven: Sinfonía núm. 7 en La maior op. 92

 

Concerto financiado polo Xacobeo 2021-22.