Fecha: 17-11-2022

MERCAR ENTRADA

Cineuropa: B.S.O.

O Auditorio de Galicia acollerá un dos concertos máis agardados de cada temporada, no que a Real Filharmonía acompaña unha película do ciclo de Cineuropa. Nesta ocasión será no centenario da película Foolish Wives do director Erich von Stroheim coa estrea en Europa da restauración da película e da música composta por Timothy Brock, quen dirixe a orquestra nesta ocasión.

Timothy Brock, director

Foolish wives*
Erich von Stroheim, 1922  – Música Timothy Brock, 2022

*Estrea en Europa da restauración desta película e da música

Consulta o programa do concerto