Auditorio de Galicia
29-01-2022
Hora: 18:30 h
Precio: 3 €

MERCAR ENTRADA

Das tebras á luz

O proxecto didáctico “Das tebras á luz” reúne pezas vencelladas ás grandes forzas da natureza e á inmensidade do Universo. Música moi popular para os rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato, que, sen dúbida, gozarán cunha proposta que os levará pola música de filmes tan recoñecidos por eles como “Harry Potter” ou “Star Wars”.

Pablo Devigo, director

I. Stravinsky: O paxaro de lume – Danza infernal
M. de Falla: El Amor Brujo – Danza ritual do lume
J. Williams: Harry Potter e a pedra filosofal – O voo de Hedwig
M. Mussorgsky (arr. Rimsky-Korsakov) – Unha noite no Monte Pelado
J. Williams: Suite de Star Wars – Marcha imperial
G. Puccini: Manon Lescaut – Intermezzo
J. Williams: Títulos principais da Suite de Star Wars
I. Stravinsky: O paxaro de lume – Finale